Estudantes con necesidades especiais

Para aqueles/as estudantes con algún tipo de discapacidade que se  presenten ás Probas de Acceso regulamentada no capítulo II do RD 1892/2008 a CiUG garantirá que estes poidan realizar os exercicios da PAU nas debidas condicións de igualdade. A CiUG poderá adoptar as seguintes medidas:

  • Adaptación dos tempos.
  • Elaboración de modelos especiais de exame.
  • Posta á disposición do estudantado dos medios materiais e humanos, asistencias, apoios e axudas técnicas que precise para a realización da PAU.
  • Garantir a accesibilidade á información e comunicación dos procesos e do recinto ou espazo físico onde se desenvolva a PAU.

En todo caso, a determinación das medidas indicadas no punto anterior farase baseándose nas adaptacións curriculares cursadas no bacharelato.

O tribunal poderá requirir informes e a colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración educativa, así como dos centros onde cursasen bacharelato os estudantes con discapacidade.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *