Jornadas de Orientación 2013

COLEGIO PLURILINGÜE SAGRADO CORAZÓN PONTEVEDRA

OBXECTIVOS

- Acoller ao novo alumnado da ESO.
- Dar información relativa á etapa e o curso.
- Orientar sobre as normas básicas de convivencia.
- Poñer en coñecemento do alumnado as instalacións do Centro e o seu uso.
- Favorecer o coñecemento do grupo
- Propiciar un mellor clima de traballo e colaboración no grupo
DESENVOLVEMENTO

1º- Presentación do titor/a e funcións máis importantes:

- Orientar as actividades do grupo.
- Dialogar co alumnado, individual e colectivamente, procurando coñecelos nos diferentes aspectos da súa personalidade.
- Atender ás demandas do alumnado do grupo, atender a calquera problemática ou calquera inquietude.
- Desenvolver a programación da hora lectiva de titoría (logo falarase desta hora)
- Orientar ao alumnado académica e profesionalmente.
- Apoiar e axudar ás familias no proceso de ensino do alumno.

2º- Lembramos cousas da ESO e coñecemolo curso.

- E.S.O. significa Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha etapa que hai que cursar obrigatoriamente tódolos alumnos e alumnas que finalizaron a Educación Primaria.

- É unha etapa que se estrutura en catro cursos: 1º, 2º, 3º e 4º curso.

- Ao finalizar con éxito 4º de ESO obtense o Título de Graduado en Educación Secundaria, que permitirá continuar cos estudos.

- Hai que ter en conta algúns cambios importantes en 3º da ESO:

- Materias optativas: Cultura clásica e Francés.
- Ciencias da Natureza desdóbrase en Física e química/ Bioloxía e Xeoloxía.
- A hora de Titoría a semana, impartida polo titor, na que realizaranse actividades que complementarán a formación académica do alumnado, incidindo noutros aspectos educativos: integración, convivencia, prevención, orientación, etc.

3º- Materias de tercero de E.S.O. Horario.

- Lingua Galega e Literatura (3 horas semanais)
- Lingua Castelá e Literatura (3 horas semanais)
- Lingua estranxeira- Inglés (3 horas semanais)
- Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (3 horas semanais)
- Matemáticas (4 horas semanais)
- Educación Física (2 horas semanais)
- Bioloxía e Xeoloxía (2 horas semanais)
- Física e Química (2 horas semanais)
- Educación Plástica e Visual (2 horas semanais)
- Tecnoloxía (2 horas semanais)
- Francés/ Cultura clásica (2 hora semanais)
- Relixión ( 1 horas semanal)
- Titoría (1 hora semanal)
- Extraescolar (1 hora semanal)

4º- Para mellorar a convivencia:

- Accederase ordeadamente ás clases pola entrada do patio das columnas. O ascensor empregarase con causa xustificada.
- Puntualidade. Esíxese puntualidade na asistencia ás clases.
- Rexistraránse as faltas de asistencia ou retrasos diarios. As faltas de asistencia deberán estar xustificadas. Se se acumulan ausencias ou retrasos de forma reiterada, sen a xustificación pertinente e despois de informadas as familias, poderase abrir protocolo de absentismo, no que se poderá dar parte aos Servizos Sociáis se non hai unha corrección inmediata.
- Os cambios de clase son para despexarse ata que veña o seguinte profesor, será o momento de ir ós aseos, sempre coa autorización do profesor que estea na clase ou do que vaia a entrar. En ningún caso será xustificado neste momento un comportamento alborotado e inadecuado.
- Hai dous recreos de 20 minutos (10:40-11:00----12:40-13:00)
- Temos un espazo privilexiado no centro para o descansos, nos recreos hai que sair da aula e empregar os baños do patio.
- Tedes á vosa disposición o servicio de cociña para tomar algo no recreo que está no patio das columnas.

5º- As dependencias na ESO:

- Cada un é responsable do seu pupitre, de que estea limpo e ordenado. A limpeza da clase será reponsabilidade do grupo.
- Poderase solicitar o uso das taquillas, se dará a chave correspondente.
- Os Servizos de rapaces están na parte central do piso. Os servizos das rapazas en dirección ao ascensor.
- Pabellón de E.F., aula de Plástica, conversa de Inglés, informática, audiovisuais, laboratorios, salón de actos ou teatro. Accederanse a elas nas distintas clases ou cando se conveña e sempre cun profesor/a.

6º- Uso da plataforma Educamos:

- Visualización das calificacións.
- Marcar tarefas e exames.
- Contacto coa familia.

ACTIVIDADE
"Presentar ao compañeiro"

Primeiro deberades dividirvos en parellas.

Logo, cada un entrevistará ó seu compañeiro coma se fose un verdadeiro xornalista: o seu nome, de dónde é, qué fixo nas vacacións,...

Podemos tamén mostrarlles unha lista de adxectivos.

PACIENTE, ENVIDIOSO, CONFIADO, RESERVADO, DISCRETO, SOLITARIO, OPTIMISTA, CONFORMISTA, EDUCADO, INDIFERENTE, METICULOSO, MANIÁTICO, SEGURO, PESIMISTA, AGRESIVO, ORDEADO, INFLUENCIABLE, COMPASIVO, ENÉRXICO, CREATIVO, RUIDOSO, INDIVIDUALISTA, RESPETUOSO, PASIVO, ACTIVO, IMPACENTE.

Os alumnos deberán elexir dous adxectivos que definan o seu carácter.

Posteriormente deberá presentalo en público, fronte a toda á clase. Mentras, un secretario, vai anotando na pizarra os adxectivos seleccionados e o número de persoas que o elexiron.

Ao final, aparece reflexado na pizarra un perfil do grupo que acostumbra a ser bastante exacto.

[table “2” not found /]