01. O primeiro día na ESO.

OBXECTIVOS

– Acoller ao novo alumnado da ESO.

– Dar información relativa á etapa e o curso.

– Orientar nalgunhas normas básicas de convivencia.

– Poñer en coñecemento do alumnado as instalacións do Centro e o seu uso.

– Favorecer o coñecemento do grupo

– Propiciar un mellor clima de traballo e colaboración no grupo

DESENVOLVEMENTO

1º- Presentación do titor/a e funcións máis importantes:

–  Orientar as actividades do grupo.

– Tratar de dialogar co alumnado, individual e colectivamente, procurando coñecelos nos diferentes aspectos da súa personalidade.

– Atender ás demandas do alumnado do grupo, atender a calquera problemática ou calquera inquietude.

– Desenvolver a programación da hora lectiva de titoría (logo falarase desta hora)

– Orientar ao alumnado académica e profesionalmente.

– Apoiar e axudar ás familias no proceso de ensino do alumno.

2º- Introducción á nova etapa.

E.S.O. significa Educación Secundaria Obrigatoria, como o seu nome indica, é unha etapa que hai cursar obrigatoriamente tódolos alumnos e alumnas que finalizaron a Educación Primaria.

É unha etapa que se estrutura en catro cursos: 1º, 2º, 3º e 4º curso.

Ao finalizar con éxito 4º de ESO obtense o Título de Graduado en Educación Secundaria, que permitirá continuar cos estudos.

Hai que ter en conta algúns cambios importantes:

–       Hai más materias, isto supón ter que dedicarlle más tempo ao estudo.

–       Hai un profesor por cada materia.

–       Hai  novas materias que non había en Educación Primaria. Por ejemplo francés. E a área de Coñecemento do Medio desdóbrase en dúas materias: Ciencias Sociáis (Xeografía e historia) e Ciencias Naturáis.

–       As cualificacións en E.S.O. van de 1  a 10 e así aparecerán nos boletíns de notas.

–       Hai unha hora de Titoría a semana, impartida polo titor na que realizaranse actividades que complementarán a formación académica do alumnado, incidindo noutros aspectos educativos: integración, convivencia, prevención, orientación, etc.

3º- Materias de 1º de E.S.O. Horario.

– Lingua Galega e Literatura (4 horas semanais)

– Lingua Castelá e Literatura (4 horas semanais)

– Lingua estranxeira- Inglés (3 horas semanais)

– Ciencias Sociais, Xeografía e Historia (3 horas semanais)

– Matemáticas (4 horas semanais)

– Educación Física (2 horas semanais)

– Ciencias da Natureza (4 horas semanais)

– Educación Plástica e Visual (3 horas semanais)

– Proxecto Interdisciplinar (1 hora semanal)

– Relixión ( 2 horas semanais)

– Francés (2 horas semanais)

– Titoría (1 hora semanal)

– Extraescolar (1 hora semanal)

4º- Para mellorar a convivencia:

– Accederase ordeadamente ás clases pola mema entrada que en Primaria. Se por causa xustificada, algún alumno necesitara subir en ascensor, terá que acceder pola entrada do patio de columnas.

– Puntualidade. Esíxese puntualidade na asistencia ás clases.

– Rexistraránse as faltas de asistencia ou retrasos diarios. As faltas de asistencia deberán estar xustificadas. Se se acumulan ausencias ou retrasos de forma reiterada, sen a xustificación pertinente e despois de informadas as familias, poderase abrir protocolo de absentismo, no que se poderá dar parte aos Servizos Sociáis se non hai unha corrección inmediata.

– Os cambios de clase son para despexarse ata que veña o seguinte profesor, será o momento de ir ós aseos, sempre coa autorización do profesor que estea na clase ou do que vaia a entrar. En ningún caso será xustificado neste momento un comportamento alborotado e inadecuado.

– Hai dous recreos de 20 minutos (10:40-11:00—-12:40-13:00)

– Temos un espazo privilexiado no centro para o descansos, nos recreos hai que sair da aula e empregar os baños do patio.

– Tedes á vosa disposición o servicio de cociña para tomar algo no recreo que está no patio das columnas.

5º- As dependencias na ESO:

– Cada un é responsable do seu pupitre, de que estea limpo e ordenado. A limpeza da clase será reponsabilidade do grupo.

– Poderase solicitar o uso das taquillas, se dará a chave correspondente.

– Os Servizos de rapaces están na parte central do piso. Os servizos das rapazas en dirección ao ascensor.

– Pabellón de E.F., aula de Plástica, conversa de Inglés,  informática, audiovisuais, laboratorios, salón de actos ou teatro. Accederanse a elas nas distintas clases ou cando se conveña e sempre cun profesor/a.

6º- Uso da plataforma Educamos:

– Visualización das calificacións.

– Marcar tarefas e exames.

– Contacto coa familia.

“NOMES CON ADXECTIVO”

Imos facer un xogo para presentarnos e coñecernos mellor.

Tedes que estar moi atentos porque deberedes utilizar a vosa memoria!

Pensade un adxectivo, unha caracteríatica, que teñades cada un de vos.

Unha vez que a teñades, comezará o primeiro da fila, ben da dereita da aula, ben da esquerda, dicindo o seu nome e a característica que escolleu.

Inmediatamente despois, o compañeiro/a de detrás do primeiro, terá que dicir o nome e característica do seu compañeiro de diante e a continuación o seu.

O seguinte, dirá o nome e característica do primeiro, do segundo e finalmente o seu…

…e así sucesivamente ata que o último de clase teña que dicir os nomes e características de todos!!!  IGUAL VAI NECESITAR UN POUCO DE AXUDA DE TODOS, NON?