14. Coñecendo as profesións

Poucas cousas son tan importantes como o traballo, que consiste no esforzo corporal e intelectual efectuado pola persoa para producir un ben. Se consideramos todos os bens que o traballo dos homes produciu ao longo dos séculos nas diversas culturas, motivo hai, máis que suficiente, para admirar esa prodixiosa facultade das persoas. Por iso afírmase que toda cultura que honra o traballo prospera e que a que o menospreza se estanca.

O traballo beneficia a quen o realiza porque é factor esencial para o seu propio desenvolvemento. O traballo, ao mesmo tempo, beneficia á sociedade polos bens que esta recibe como resultado do traballo dos seus compoñentes.

O traballo é un dereito da persoa. Así o establecen tanto a Declaración Universal de Dereitos Humáns como a nosa Constitución

É por iso que resulta necesario que, desde a nenez, se faga todo o posible, en primeiro lugar, por axudar a cada persoa a descubrir a súa vocación, que son as aptitudes coas que nacen as persoas que mediante o xogo, o ensino, o trato debido cos demais… vanse pondo de manifesto e converténdose en interese crecente e sostido por certas actividades.

Cada un de nós, para poder exercer na debida forma o noso dereito ao traballo e a nosa obrigación social de traballar, debemos elixir o oficio, actividade ou profesión a que imos dedicar a nosa vida.

 

É cuestión tan importante, que debe ocupar o centro das tarefas educativas.

Que camiño seguirei na vida?, é pregunta que desde hai séculos exponse cada ser humano desde a súa infancia.

O primeiro ha de ser elixir ben ese camiño. Prepararse para elixilo ben. Os pais no fogar; os mestres na escola; os bos amigos da familia, todos deben axudar co consello, a observación, a conversación cos nenos; o darlles oportunidades de participar, preguntar e elixir.

O mesmo, cos adolescentes no fogar, no colexio, no medio en que maiormente realicen a súa vida.

TRATADE DE CONTESTAR AS SEGUINTES PREGUNTAS:

Os xogos que nos gustaban e o que faciamos de nenos: Arranxar coches, subir ás árbores, decorar o cuarto, cavar pozos na terra, mirar televisión, etc. E como xogabamos: sós, acompañados, na rúa, etc

O que nos gusta facer agora: practicar deportes, ler, estar con amigos, facer cálculos e razoamentos lóxicos, viaxar, nadar, etc. As materias que máis nos gustan da escola e as que non, e por que razóns.

– As nosas fantasías, os nosos soños, até os máis secretos, os máis aloucados.

As persoas máis significativas para un, as persoas que admiramos e por que, os modelos ou ídolos que queremos imitar; aquelas persoas que nos gustan e o que nos gusta delas; aquelas persoas ás que non quixésemos parecernos e por que.

O modo en que chegaron a elixir o seu oficio ou o seu traballo as persoas coñecidas ou que nos interesen. O que fan os nosos pais, tíos, veciños, e como chegaron a facer o que fan. Fala con eles se tes ganas de sabelo.

O modo de elixir as cousas que temos. Gústanos compralas? Fóronnos impostas? Como eliximos a roupa? Preferimos que o faga outra persoa por un?

Qué nos gustaría ser de maiores.

Se cumpro en forma adecuada coa miña obrigación de elixir o camiño por onde quero levar a miña vida, é dicir, elixir oficio, tarefa ou profesión que entendo que está conforme coa miña vocación, xorde a outra responsabilidade: prepararme ben nela.

ACTIVIDADE: PERO, COÑECEDES TODAS AS PROFESIÓNS?

Elaborade unha tormenta de ideas na que anotedes na lousa todas as profesións que coñecedes, cal é o seu traballo día a día e que achegan á sociedade.