Paz 2013 1º ESO

OBXECTIVOS

– Facer reflexionar ao alumnado sobre algúns motivos que levan a situacións conflitivas

– Fomentar no alumnado unha actitude crítica respecto das situacións de desigualdade

– Incitar ao alumnado ao desenvolvemento persoal nunha cultura de Paz

CONTIDOS

Conceptuais

– O día da Paz.

– A fábula como elemento transmisor de cultura (Tolstoi).

– Factores persoais que inflúen na consecución da Paz.

Procedimentales

Desenvolver unha actitude crítica respecto daqueles aspectos persoais que dificultan a Paz.

Dar posibles conclusións ou moralejas ao conto comentado.

Actitudinais

– Tomar conciencia da influencia das crenzas, valores persoais e a educación para o fomento da Paz.
– Reflexionar de forma crítica sobre as posibles accións para acadar a Paz.

MATERIAIS

– Libreta de titoría

TEMPORALIZACIÓN

– Unha Sesión

DESENVOLVEMENTO

1º- Motivación:

Motívase ao alumnado para a actividade: A sesión de hoxe ten como finalidade tratar o tema da Paz. O día da Paz celébrase o día 30 de xaneiro, en conmemoración do asasinato de Gandhi, o 30 de xaneiro de 1948. Pregúntaselle ao alumnado se coñecen quen foi Gandhi, logo explícaselles: Gandhi foi un pensador e político hindú que rexeitaba a loita armada e a non violencia, ao longo da súa vida loitou pola independencia da India (colonia Británica) e tratou de integrar á sociedade hindú sen diferenciar entreclases, por isto e outras cousas foi premio nobel da paz. Finalmente, e só por defender a súa ideoloxía, foi asasinado.

2º- A Paz:

Aínda que elaborar unha definición do que é a Paz non é unha tarefa fácil, porque incluiría moitos aspectos sobre os que reflexionar e ter en conta, todos somos capaces de evocar unha idea, un pensamento ou unha imaxe sobre o que consideramos paz ou pacifismo, e aínda que sabemos tamén que non é fácil conseguir a paz mundial, si é necesario pararse e reflexionar sobre aqueles motivos que levan a que isto sexa así, e, que mellor motivo que a conmemoración do día da Paz para iso.

3º- A Paz a través da música: Where is the love?

 

 

 

 

4º- Lectura e análise de texto: Na ribeira do Oka (León Tolstoi)

Lerase para a clase o texto que se lles entregará (reverso da letra da canción), logo responderanse ás preguntas expostas e extraerase unha conclusión ou moraleja.

1. Lectura do texto de Tolstoi:

O profesor/a introducirá esta parte da actividade explicando quen foi León Tolstoi.

– O autor: León Tolstoi, novelista ruso, profundo pensador social e moral, e un dos máis grandes autores do realismo de todos os tempos (1828-1910). O autor, a través dun sinxelo conto, suxírenos a súa forma, ou unha das formas de interpretar a ausencia de paz.

Na ribeira do Oka

Na ribeira do Oka vivían felices numerosos campesiños; a terra non era fértil pero, labrada con constancia, producía o necesario para vivir con folgura e aínda daba para gardar algo de reserva.

Iván, un dos labradores, estivo unha vez na feira de Tula e comprou unha hermosísima parella de cans sabuxos para que coidasen a súa casa. Os animais ao pouco tempo fixéronse coñecidos por todos os campos da veiga do Oka polas súas continuas correrías, nas que ocasionaban desfeitas nos sementados; as ovellas e os tenreiros non adoitaban quedar ben parados.

Nicolai, veciño de Iván, na primeira feira de Tula comprou outra parella de cans para que defendesen a súa casa, os seus campos e as súas terras.

Pero, ao tempo que cada campesiño, para estar mellor defendido, aumentaba o número de cans, estes facíanse máis esixentes. Xa non se contentaban cos ósos e demais sobras da casa, senón que había que reservarlles os mellores anacos das matanzas e houbo que construírlles recintos cubertos e dedicar máis tempo ao seu coidado.

Ao principio, os novos gardiáns riñeron cos antigos, pero pronto se fixeron amigos e os catro fixeron xuntos correrías.

Os outros veciños, cando viron aumentar o perigo, fixéronse tamén con sabuxos, e así, ao cabo de poucos anos, cada labrador era dono dunha xauría de 10 ó 15 cans. Apenas escurecía, ao máis leve ruído, os sabuxos corrían furiosos e armaban tal escándalo que parecía que un exército de bandidos fóra a asaltar a casa. Os amos, asustados, pechaban ben as súas portas e dicían:

-Deus meu! Que sería de nós sen estes valentes sabuxos que abnegadamente defenden as nosas casas?

Mentres tanto, a miseria asentouse na aldea; os nenos, cubertos de farrapos, palidecían de frío e de fame, e os homes, por máis que traballaban da mañá á noite, non conseguían arrincar do chan o sustento necesario para a súa familia.

Un día, queixábanse da súa sorte diante do home máis vello e sabio do lugar, e como culpaban dela ao ceo, o ancián díxolles:

– A culpa tédela vós; lamentádesvos de que na vosa casa falta o pan para os vosos fillos, que languidecen delgados e descoloridos, e vexo que todos mantedes ducias de cans gordos e lustrosos.

– Son os defensores dos nosos fogares- exclamaron os labradores.

– Os defensores? De quen vos defenden?

– Señor, se non fóra por eles, os cans estraños acabarían cos nosos gandos e até connosco mesmos.

– Cegos, cegos! ? Contestou o ancián- Non comprendedes que os cans vos defenden a cada un de vós dos cans dos demais, e que se ninguén tivese cans non necesitariades defensores que se comen todo o pan que debese alimentar aos vosos fillos? Suprimide os sabuxos, e a paz e a abundancia volverán aos vosos fogares.

E seguindo o consello do ancián, desfixéronse dos seus defensores e un ano máis tarde os seus celeiros e despensas non bastaban para conter as provisións, e no rostro dos seus fillos sorría a saúde e a prosperidade.

2. Análise do texto

Pedirase ao alumnado que dea a súa opinión sobre as seguintes cuestións:

1. Que narra a historia?

2. Que é o que máis vos chamou a atención?

3. Quen vos parece que actúa mellor de todos os personaxes?

4. Por que se soluciona a situación entre todos e todas?

5. Cal creedes que é a sentenza do conto?

6. Ocórresevos algunha situación real na que suceda algo parecido ao que narra Tolstoi en forma de conto?

3. Sentenza e conclusións

Os alumnos e alumnas extraerán unha sentenza do conto e pensarán naquelas situacións e actitudes que dificultan a construción dun mundo en paz (o medo,…). Unha vez recollidas as ideas escribídeas, poden ser palabras ou frases, ou debuxádeas en papel.

Coa sentenza, as palabras, frases e debuxos realizarase posteriormente un mural que se colocará na aula.