Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o “latexo material da actividade intelectual galega”. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas de 2010, o poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela, 1999).

A grande particularidade e Novoneyra é o de ser un dos poetas lingua galega máis relevantes de todos os tempos, tamén foi un vangardista, no seu traballo sempre enfatizou o lirismo da palabra.

Fai clik na imaxe para continua-la actividade no noso blog do Plan Lector:

UXÍO NOVONEYRA


HINO GALEGO

CURTOS EN GALEGO

Van de sobra. Toda unha personaxe.

Tiempo estimado: 14 minutos. Armando Duval é un funcionario de correos, cuarentón e con excesiva afección polos comics. Leva tebeos ao traballo e aproveita calquera ocasión para leelos. Nun deses momentos ten que atender a un extrano individuo con aspeto de centífico, o hombre percátase de que Duval estaba leendo o tebeo e suxírelle que “teña cuidado cós exemplares únicos”, ao momento márchase sen que Duval teña tempo de reaccionar. Mais tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous extranos persoaxes. Director: Ángel Regueiro. Intérpretes:  Antonio Durán “Morris”, Evaristo Calvo, Alfredo Rodríguez, Iria Pinheiro. Ano: 2007