04. Convivencia

OBXECTIVOS

 

  • Dar a coñecer ao alumnado os seus dereitos e deberes según a Lei de Convivencia e participación da Comunidade Educativa.

 

  • Levar ao funcionamento da aula a aplicación dos dereitos e deberes do alumnado e profesorado.

 

  • Concretar as normas básicas de convivencia dentro da aula.

 

  • Establecer medidas recuperadoras relativas ao incumprimento dalgún dos dereitos e/ou deberes establecidos.
DESENVOLVEMENTO

Guía para o titor/a:

En todos os centros docentes existen unhas normas nas que se recollen os dereitos e deberes de toda a Comunidade Educativa (Profesorado, alumnado, familias e PAS). Para preservar eses dereitos, tamén se establecen as correccións ou sancións que se aplican ante comportamentos contrarios a ditas normas de Convivencia.

O documento no que se rexistran ditas normas denomínase Regulamento de Réximen Interno (RRI), elabórao a Entidade Titular do Centro e apróbao o Consello Escolar, é dicir, os representantes das familias e de toda a Comunidade Educativa.

O RRI, ten como referente a Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. Nesta lei faise un análise da convivencia nos Centros, facendo fincapé na importancia non só na parte sancionadora senón na recuperadora e educativa.

Principios e fins da Lei de Convivencia:

a) A garantía dun ambiente educativo de respecto mutuo que faga posible o cumprimento dos fins da educación e que permita facer efectivo o dereito e o deber de aproveitar de xeito óptimo os recursos que a sociedade pon á disposición do alumnado no posto escolar.

b) A educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas.

c) A prevención e o tratamento das situacións de acoso escolar mediante medidas eficaces.

d) O recoñecemento ao profesorado, en especial aos membros dos equipos directivos dos centros docentes, das facultades precisas para previr e corrixir as condutas contrarias á convivencia, así como da protección xurídica adecuada ás súas funcións.

e) A corresponsabilidade das nais e pais ou das titoras ou titores no mantemento da convivencia nos centros docentes, como un dos principais deberes que lles corresponden en relación coa educación dos seus fillos ou fillas.

f) Promover a resolución pacífica dos conflitos e fomentar valores, actitudes e prácticas que permitan mellorar o grao de aceptación e cumprimento das normas, avanzar no respecto entre todos os membros da comunidade educativa e a mellora da convivencia escolar.

g) Avanzar no respecto entre todos os membros da comunidade educativa e na mellora da convivencia escolar.

h) A promoción da sensibilización dos distintos sectores que interveñen na educación sobre a importancia da convivencia como parte fundamental para o desenvolvemento persoal e social do alumnado.

Convén que o alumnado coñeza cales son os seus dereitos para que os poidan exercer, cales son os deberes que deben cumprir e tamén algunhas das medidas correctoras establecidas nos casos de incumprimento das normas de convivencia.

Dereitos e deberes do alumnado:

Según a Lei de Convivencia e o RRI do Centro.

1. Recoñécenselle ao alumnado os seguintes dereitos básicos de convivencia escolar, sen prexuízo dos establecidos nas leis orgánicas de educación:

a) A recibir unha formación integral e coeducativa que contribúa ao pleno desenvolvemento da súa personalidade nun ambiente educativo de convivencia, liberdade e respecto mutuo.

b) A que se respecten a súa identidade, integridade e dignidade persoais.

c) Á protección integral contra toda agresión física ou moral, e en particular contra as situacións de acoso escolar.

d) A participar directamente no proceso educativo cando sexa consultado pola Administración educativa.

e) A participar na confección das normas de convivencia e na resolución pacífica de conflitos e, en xeral, a participar na toma de decisións do centro en materia de convivencia.

2. Son deberes básicos de convivencia do alumnado:

a) Participar e colaborar na mellora da convivencia escolar e na consecución dun adecuado clima de estudo no centro, respectando o dereito dos seus compañeiros ou compañeiras á educación.

b) Respectar a dignidade e as funcións e orientacións do profesorado no exercicio das súas competencias, recoñecéndoo como autoridade educativa do centro.

c) Respectar a liberdade de conciencia, as conviccións relixiosas e morais, a igualdadede de dereitos entre mulleres e homes e a dignidade, integridade e intimidade dos restantes membros da comunidade educativa.

d) Respectar as normas de organización, convivencia e disciplina do centro docente.

e) Conservar e facer un bo uso das instalacións e dos materiais do centro.

f) Intervir, a través das canles regulamentarias, en todo aquilo que afecte a convivencia dos seus respectivos centros docentes.

g) Seguir as directrices do profesorado respecto da súa educación e aprendizaxe.

h) Asistir a clase con puntualidade e co material preciso.

Na Lei de Convivencia tamén se establen as conductas Contrarias á Convivencia. Todas reflexan aspectos que vulneran os dereitos dos alumnos e alumnas.

Considéranse condutas gravemente perxudiciais para a convivencia nos centros docentes:

a) As agresións físicas ou psíquicas, as inxurias e as ofensas graves, as ameazas e as coaccións contra os demais membros da comunidade educativa.

b) Os actos de discriminación grave contra membros da comunidade educativa por razón de nacemento, raza, sexo, orientación sexual, capacidade económica, nivel social, conviccións políticas, morais ou relixiosas, discapacidades físicas, sensoriais ou psíquicas, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

c) Os actos individuais ou colectivos de desafío á autoridade do profesorado e ao persoal de administración e de servizos que constitúan unha indisciplina grave.

d) A gravación, a manipulación e a difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, a dignidade da persoa, a intimidade persoal efamiliar e a propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa.

e) As actuacións que constitúan acoso escolar.

f) A suplantación de personalidade en actos da vida docente e a falsificación, alteraciónou subtracción de documentos académicos.

g) Os danos graves causados de forma intencionada ou por neglixencia grave ás instalacións e aos materiais dos centros docentes, incluídos os equipos informáticos e o software, ou aos bens doutros membros da comunidade educativa ou de terceiros, así comoa súa subtracción.

h) Os actos inxustificados que perturben gravemente o normal desenvolvemento das actividades do centro, incluídas as de carácter complementario e extraescolar.

i) As actuacións gravemente prexudiciais para a saúde e a integridade persoal dos membros da comunidade educativa do centro, ou a incitación a elas.

j) Portar calquera obxecto, substancia ou produto gravemente perigoso para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa.

k) A reiteración, nun mesmo curso escolar, de condutas leves contrarias á convivencia.

l) O incumprimento das sancións impostas.

¿Qué comportamentos diarios representan estes dereitos e deberes no día a día da clase?:

Algúns dos dereitos e deberes reflexan aspectos moi concretos sobre comportamentos do día a día, como a puntualidade o coidado do material, etc. Pero é importante clarificar máis aquelas conductas que moitas veces teñen lugar e os alumnos non as perciben coma perxudiciais, como insultar a un compañeiro, interromper as clases, non deixar atender aos outros,… É importante que os alumnos sexan conscientes disto.

En todos os grupos nos que conviven varias persoas, dadas as peculariedades de cada unha, familias distintas, educación distinta, diferente personalidade e carácteres, é necesario establecer unha serie de regras para que a convivencia sexa o más pacífica, ordenada e xusta posible.

Neste sentido as regras xa existen entre os alumnos e entre os alumnos e os profesores, se entende que non está ben pegar ou insultar a alguén, romper o material do colexio, etc.

Con todo, a pesar diso, ditas regras, incúmprense, este feito fai que haxa que definilas e dalas a coñecer a todos os membros do grupo.

O que imos facer é un “Regulamento de Convivencia na Aula“, é dicir, elaborar as normas propias do grupo, que sempre pretenderán defender os nosos dereitos e que se cumpran os nosos deberes.

Elaboración do Regulamento da Convivencia na Aula:
Proposta de condutas incorrectas:

Cada alumno de xeito individual, da unha idea sobre aquelas conductas que cree que se deben regular na aula, escribiránse na pizarra (5 minutos), agruparánse aquelas que se refiran ao mesmo.

Unha vez escritas na pizarra as ideas principais, cada un individualmente, dará unha valoración de 1 a que considere máis importante, 2 á seguinte,…, e así ata chegar á última idea (se hai 10 ideas, a 10 será a que consideren menos importante).

Súmanse as puntuación e ordeanse según a importancia que se lle otorgou.

Por exemplo:

  • Puntualidade
  • Burlas aos compañeros
  • Insultos, ameazas entre compañeiros
  • Traer o material de traballo
  • Berros, excesivo ruído
  • Non atender ás explicacións
  • Pelexas
  • Compartir tarefas
  • Moverse pola aula
  • Coidado do material
  • Coller cousas sen permiso

Faránse tantos grupos coma ideas surdiron anteriormente. Séguese o mesmo procedemento para a elaboración das normas, pero por grupos: cada grupo, poñerase dacordo para escribir dous ou tres normas que considere que deben regular a idea principal. Por exemplo, se a idea principal é a puntualidade, a norma podería ser: Chegar con puntualidade tódolos días para non interromper as clases.

Elaboración das normas:

Despois de determinar as condutas problemáticas, elabóranse as regras. É dicir, entre toda a clase redactarseán as normas, por exemplo:

  • Os alumnos/as deberán respectarse sen pelexarse nin insultarse, resolvendo os seus conflitos de forma pacífica.
  • O alumnado deberá participar nas actividades de clase realizando as tarefas e achegando o material necesario.

É aconsellable que as normas redáctense cunha linguaxe positiva, se as redactamos en negativo parecerán prohibicións, por exemplo en lugar de usar:

“No tirar papeles”, ou “No comer nas aulas”, usar, “utiliza as papeleras” e “comer no patio”. Deste xeito serán recomendacións que facilitarán a convivencia no Centro.

Expoñeranse de novo as normas elaboradas polo grupo na pizarra, por grupos, poñeranse dacordo para dar unha valoración de 1 a que consideren que debería de ser a principal, un 2 á segunda, … e así hasta a última (se son 12 a menos importante levaría o 12).

Súmanse os as puntuacións de todos os equipos e xa se podería confeccionar un Regulamento propio da  Convivencia na Aula, de xeito que todas elas foron consensuadas por todos os membros da clase.

Finalmente elaboraríase unha lista vistosa para a clase e daríase a coñecer a todos os profesores do grupo. Recurriremos a ese documento cando haxa algunha alteración da Convivencia.

Revisarase e poderase modificar.