05. Técnicas de Traballo Intelectual (I). As Condicións para o Estudo

OBXECTIVOS XERAIS DAS ACTIVIDADES:

 

1. Coñecer estratexias para aprender mellor
2. Buscar estratexias de motivación para aprender.
3. Aprender a organizarse para mellorar o rendemento.
4. Aplicar estratexias de resume e esquemas como pasos de axuda á memorización.
5. Coñecer a memoria e os pasos necesarios para sacarlle o máximo rendemento.
6. Emplear estratexias básicas de expresión nun exame.
7. Valorar a necesidade de práctica das técnicas de traballo intelectual como a forma de mellorar nelas e optimizar o rendemento.

CONTIDOS DA SESIÓN:

– A motivación para estudar: conseguila e mantela

Desenvolvemento:

Estudar é complicado.

É moi complicado non facer caso das miles de cousas que poderiamos estar facendo en lugar de estar sentados diante dos libros, cadernos, libretas………que si os deberes de Lingua, os problemas de Mates, os palabros incomprensibles de Sociais, a Física e Química……………………….UN FASTIDIO!!

Pero logo, como é que tanta xente que me rodea, os meus pais, meus irmáns, os meus profes, etc……. o conseguiron?

As palabras claves son:

  • MOTIVACIÓN CARA O ESTUDO.
  • ERGUERSE FRONTE AS DIFICULTADES.
  • A PRÁCTICA, MOITA PRÁCTICA.

¿PARA QUE SERVE A MOTIVACIÓN? (sacamos ideas entre tod@s)

“BÁSICAMENTE A MOTIVACIÓN SERVE PARA SER FELIZ FACENDO O QUE UN TEN QUE FACER.”

 

Desde novos debemos aprender aquelas cousas que nos van a servir na vida, algunhas destas cousas as aprendemos na casa, outras cos compañeiros e amigos e outras as aprendemos na escola. As cousas que aprendemos na escola son as que soen marcar o noso camiño na vida.

Non é o mesmo desempeñar unha profesión que requira formación na Universidade ou Formación profesional, que facer un traballo que non necesite saber nada especial.

A falta de motivación é o noso peor enemigo. Nos saca a parte boa da vida. É mortal para as nosas ilusións.

SÍNTOMAS DE FALTA DE MOTIVACIÓN:

Algúns dos síntomas de falta de motivación son:

– Apatía.

– Aburrimento.

– Deixar as cousas para despois.

– As persoas desmotivadas sólo fan o que lles din, están pasivos.

– Cústanos concentrarnos.

– Cústanos recordar o estudado.

¿E SE NON CHE GUSTA ALGUNHA ASIGNATURA?

Podes poñer da túa parte motivos para por interés:

– Sendo máis activo na clase.

– Descubrindo por qué son importantes as cousas que non che gustan.

– Falando con xente que si lles gustan.

– Enfocando as materias desde outros puntos de vista.

– Buscando a relación con algo que che interese.

– Intentando ensinarlla a alguén.

TEMOS QUE TRATAR DE MOTIVARNOS COS CONTIDOS DO QUE TEMOS QUE FACER OU COAS CONSECUENCIAS QUE NOS VAI A TRAER.

COMO EN CASI TODO, O IMPORTANTE É COMEZAR.

Un camiño de cen kilómetros comézase dando un paso. Canto máis se aprende sobre algo, máis fácil resulta seguir aprendendo. O noso cerebro vai “enganchando” coñecementos, as veces colle interés por algo cando comeza a coñecelo.

FALANDO DO NOSO CEREBRO…

Se sempre temos unha actitude derrotista e pesimista ante as dificultades, o noso cerebro acaba por crelo, e actúa dacordo a cómo lle decimos.

Para facer algo, primeiro debemos crer que podemos facelo.

Se o noso cerebro é como o de todo o mundo, entendemos unha película ou un cómic, podemos facer calquera cousa que fagan os outros.

DEMOSTRA A TÚA VALÍA A TI MESMO

Non os demáis, nin os teus pais, nin os teus profes, faino por ti. ESTUDA POR E PARA TI.

PENSAR POSITIVAMENTE

Se queremos que as cousas nos vaian ben, debemos facernos o propósito de logralo, e ter un plan para que o propósito se concrete en cousas.

Os problemas poden ser vistos como golpes da mala sorte, ou como unha oportunidade que a vida nos pon diante para superalo e a partir de alí ser mellor e estar máis preparado.

MIRAR AO FUTURO

Ter obxectivos motiva. Mira cara ao futuro e establece obxectivos a longo prazo. Asi que pregúntate a ti mesmo: que quero da vida? que estou disposto a facer para conseguilo? que estou facendo para iso?

Sen polo menos un obxectivo, non se pode pensar un camiño e entón a nosa vida irá de aquí para alí, sen rumbo, como unha folla seca ao vento.

VISUALIZACIÓN

Que é a visualización?

É unha técnica utilizada por moitas persoas, e, especialmente por deportistas, para motivarse e preparar a súa mente para centrarse nos temas que desexan.

Consiste en imaxinar que aquelo que desexamos, xa o conseguimos, e tamén imaxinar como estamos a vivir nesa situación. Segundo parece, o inconsciente busca a partir desa imaxe (que repetidamente forxamos na nosa mente), busca facer realidade esa situación.

FIXÁDEVOS OBXECTIVOS A  MEDIO PRAZO

Cando temos claro cales son os nosos obxectivos a longo prazo,  fixemos os obxectivos intermedios. É dicir aqueles obxectivos que cando se cumpren, achégannos aos obxectivos finais.

Isto fai máis fácil pensar paso a paso no que debemos facer, para conseguir aquilo que queremos.

Facer as tareas escolares diarias ou ir estudando a materia, son actividades que levan á consecución dun obxectivo a corto plazo que contribúe á consecución doutros obxectivos máis a longo plazo.

OBXECTIVOS A MOI CURTO PRAZO

Ás veces o desánimo prodúcese porque fixamos un plan de traballo moi difícil de cumprir.
Outras veces porque a calidade que nos esiximos nos nosos traballos é tan alta, que nos decepcionamos se facemos un traballo normal.

Deberedes reflexionar sobre elo.

PREMIARSE A UN MESMO

É bo darse un mesmo premios pequenos, pero agradables, cada vez que se complete un traballo, unha etapa, un obxectivo. Produce unha ilusión adicional ir terminando etapas se sabemos que ao final, ademais da satisfacción de facer algo obrigatorio, temos un pequeno luxo para nós. Podemos premiarnos con cousas sinxelas, pero moi agradables. Por exemplo: Comer algo agradable, (unha froita, un pouco de chocolate), comprarnos unha revista que habitualmente non compramos, ver algún programa de televisión, saír un intre, comprarse un disco, ler algunha novela ou conto, chamar aos amigos por telefono, xogar co ordenador.

PRACTICAMOS:

– Fixade cada un de vos, tres obxectivos para cumplir na semana, ata a seguinte sesión de titoría.

– Pensade estratexias que ides a empregar para motivarvos.

– Fixade un premio que vos ides facer si os conseguides.

RECURSOS:

No seguinte enlace poderedes consultar a web “Aprende a estudar”. Botádelle unha ollada con calma na casa. Poderedes consultala no blog de Orientación. No menú superior no apartado de “Recursos”–>”Apoyo al estudio”.

Pica na imaxe. Hoxe podedes consultar o punto 1. “Condiciones generales” e o punto 10. “Concentración y motivación”.

Aprenderaestudiar