06. Técnicas de Traballo Intelectual (II): Planificación

Primeiro revisamos os obxectivos plantexados na sesión anterior.

Conseguíronse? ou non?

Cales foron as estratexias para a automotivación e perseverar na tarefa?

Como vos sentides despois de conseguir o que vos propuxestes?

É importante que pensedes nesto e valoredes o importante que é para cada un de vós, conseguir as cousas que vos propoñedes.

Como vos supón un esforzo, é lóxico que as veces perdades a motivación ou interese por conseguir un obxectivo.

É importante que vos automotivedes “visualizando” o obxectivo conseguido, pensando nas consecuencias positivas de conseguilo.

Por eso, tamén é importante que vos recoñezades ese esforzo e vos premiedes a vos mesmos con algo que vos guste, non fan falta grandes cousas.

Despois de reflexionar sobre as condicións persoais para o estudo ou para a consecución de calquera obxectivo. Ides traballar sobre o necesario da planificación á hora de conseguilo.

CONDICIÓNS OPTIMAS DE ESTUDO 

En que condicións traballamos?

Son as condicións mellores dentro das nosas posibilidades?

CONDICIÓNS DE TRABALLO

Canto mellores sexan, mellores resultados podemos obter. Iso non quere dicir que se temos unhas instalacións perfectas todo vai funcionar ben só por iso. As instalacións poden ser moi modestas, e ser adecuadas.

As condicións non son excusa válida.
Desde logo aquí describimos as condicións ideais, pero obtéñense bos resultados con condicións por baixo destas. Din que o gran músico Johan Sebastián Bach, estudaba despois de traballar e ás agachadas, iluminandose cunha vela. Non hai nada que a vontade non poida vencer.

– ELEXIR UN LUGAR TRANQUILO

Buscade un lugar onde traballar tranquilamente
Principalmente elexide un lugar onde podades sentiros a gusto. Mellor sen ningún tipo de ruídos nin outros sons, dado que a música distrae, e os ruídos da rúa nunha cidade, fatigan.

– SEN INTERFERENCIAS ACUSTICAS

Elexide preferentemente un lugar tranquilo, aínda que creades que a vós o ruído, as conversacións ou a musica non vos molestan.

Algunhas persoas sosteñen que con música estudan mellor. Probablemente sírvalles como un apoio psicolóxico para facer unha tarefa que consideran difícil. Pero desde logo, a existencia de dúas mensaxes cara ao cerebro, divide a atención deste.

– NON TRABALLAR NUNHA CONTORNA DE LECER

Se hai gran cantidade de estimulos de lecer no voso lugar de traballo, será máis doada a distracción (televisor, vídeo, libros, videoxogos, revistas, historietas, xogos de mesa, etc.).

– MOBILIARIO CÓMODO – CADEIRA

Unha boa cadeira é moi importante, porque reduce e retarda o cansazo, o que permite estar a estudar a gusto máis tempo. Considérase unha cadeira boa aquela que nos permite ter as costas ergueitas e está á distancia adecuada do chan para ter as pernas firmemente apoiadas no chan.

– MOBILIARIO CÓMODO – MESA

Tamén é bo ter unha mesa  ou escritorio, dedicados a estudar soamente, onde poidades deixar as cousas, e ter sobre a mesa todas as que necesitedes para facer o noso traballo á vez.

– OLLO COAS MESAS CHEAS DE COUSAS

Traballar coa mesa chea de papeis, onde é difícil atopar as cousas, desmoraliza, e fai perder tempo. Ata vos impide aproveitar todo o material que tedes, porque non o atopades cando o necesitades!

– MESA E MOTIVACIÓN

Ao terminar, volvede ordenalo todo, de maneira que ver o voso lugar limpo e agradable, motívavos a volver comezar.

– BOA ILUMINACIÓN

A mellor iluminación é a luz natural. Naturalmente, para aproveitar o tempo, tamén teredes luz artificial. A pouca luz cansa e perxudica a vista. É bo que a luz entre polo lado oposto á man con que escribades.

– COUSAS NECESARIAS

Un lugar para cada cousa. É bo ter as cousas que poidades necesitar á vista, se é posible á man. Ter por exemplo un par de estantes encima do escritorio, onde poidades ver onde están todos os libros e libretas, lapiceiros,…

– PAPELEIRA E MOTIVACION

Unha papeleira, onde tirar o que vos sobre, evitando a sensación de desorde e desmoralización que produce ver papeis feitos unha pelota tirados por toda a habitación.

– ORDE E APROVEITAMENTO DO TEMPO

O tempo réndenos moito máis se as cousas estan sempre no mesmo lugar e son fáciles de atopar.

– AS FERRAMENTAS A MAN:

Todo aquilo que deba ou poida ser utilizado, debe estar a man, porque estar a buscar cousas desconcentra e fai perder a motivación e as ganas. Se xa custa porse en marcha, cando temos o empuxe inicial debemos conservalo con mimo e coidado.

– AMBIENTE FAVORABLE

É malo pasar calor, pero tamén é malo pasar frío, xa que as dúas situacións diminúen a atención e o rendemento. Coidade especialmente: a ventilación, evitando os fumes e  o aire enrarecido xa que aumenta a fatiga, e reduce o tempo que podemos estudar eficazmente.

ORGANIZAR O TEMPO E HORARIOS

Parece ás veces que ser organizado da moito traballo, pero resulta que é exactamente ao revés. Estar organizado significa evitar facer dúas veces as cousas, evitar correccións de última hora e evitar o desánimo.

Organizarse aforra traballo porque imos seguindo o noso rendemento comparándoo cos nosos obxectivos. Cando un sabe o que pasa, non se pon nervioso, nin sequera cando falta pouco para os exames.

Cada ano, non só a cantidade, senón tamén a forma de estudo debe cambiar, ser mellor. Cada vez máis sodes vós os que tedes que administrar o tempo que ides dedicar a estudar. E iso é así con cada ano e nivel de progreso.

Establecer un horario é un tema de inmensa importancia. Se isto vos sae ben, todo o demais irá moito mellor. Un bo horario permitiravos vivir sen abafos e chegar aos exames co único traballo pendente de repasar.

Tamén ao distribuír o voso tempo de acordo ás obrigacións que tedes durante o ano lectivo, cumprir e ter as notas adecuadas, o que nos leva a VERÁNS FELICES.

Establecer horarios, ademais, crea hábitos bos, o que simplifíca e fai máis agradable a vida.

– COMO DISTRIBUÍR O TEMPO DO ANO ESCOLAR OU DO PERÍODO ATA OS EXAMES?

COUSAS SOBRE AS QUE IDES A REFLEXIONAR INDIVIDUALMENTE

1. De canto tempo dispós.

2. De que actividades podes sacar máis.

3. En que momento terás o INDISPENSABLE tempo libre.

4. Debes ter un mínimo semanal de horas de traballo.

5. En épocas de exámen máis horas.

FACEDE CADA UN UNHA APROXIMACIÓN DO VOSO HORARIO, REFLEXADE AS POSIBLES MELLORAS E ENTREGADEO Ó TITOR/A

RECURSOS:

Consultade a web “Aprende a estudar”. Recordade, podédela atopar no blog de orientación, no memú superior “Recursos”–> “Apoyo al estudio”.

Puntos interesantes para consultar hoxe: 1.”Condiciones generales”, 2. “Test estudias bien”, 10. “Concentración y motivación”