As redes sociais en Internet (II)

1. Introdución.

O “Role Playing” é unha técnica mediante a cal simúlase unha situación que se presenta na vida real. Ó practicar esta técnica cada un dos participantes deberá adoptar o papel dun personaxe concreto e crear unha situación como se se tratatase da vida real. O obxectivo e imaxinar a forma de actuar e as decisións que tomaría cada un dos personaxes en situacións diferentes.

2. Obxectivos.

* Concienciar ós alumnos/as ante diferentes situacións reais que se dan co uso das redes sociais.
* Fomentar a sensibilización ante determinadas situacións e problemas xerados polas redes sociais.
* Xerar participación, diálogo na clase e o desenvolvemento da capacidade de traballo en equipo.
* Desenvolver a capacidade de toma de decisións, a creatividade e a solución de problemas.

3. Materiais.

Tarxetas coa descrición dos diferentes  papeis a representar.

4. Desenvolvemento da actividade.

Cada alumno/a do grupo asumirá un pael diferente, asignados previamente mediante tarxetas. O resto da clase tomará notas dos comentarios e o papel establecido por cada un de maneira que ao final da representación emitan un xuizo sobre a situación representada e os papeis de cada un.

Cada un dos participantes na representación recibirá unha tarxeta na que se explicarán os trazos máis característicos do personaxe a representar e as ideas que defende ante a situación representada. Na tarxeta daranse pautas xerais para que o alumno/a teña certa liberdade e poida ser creativo na representación do personaxe.

A representación durará 20 minutos aproximadamente e o debate posterior tamén uns 20 minutos.

Posibles conflitos a representar:

Nun centro de Secundaria están comezando a xurdir problemas de diferente índole ocasionados pola actividade de certos alumnos nunha coñecida rede social. A maioría dos alumnos do centro teñen un perfil dentro desta rede social, polo que a comunicación presencial que se da no Colexio prolóngase o resto do día na Rede. Chatear, rexoubar, comentar, chancear, facer os deberes, preguntar dúbidas a compañeiros… son as principais accións que os alumnos levan a cabo nesta rede social. Os problemas xerados (derivados dun mal uso da mesma) ocasionaron que a dirección do centro teña que tomar medidas e convocar unha reunión cos principais afectados.

Entre os problemas máis serios que se poden plantexar para a representación atopamos:

* Unha alumna sobre a que se publicaron fotos comprometedoras con seus respectivos comentarios ofensivos.
* Un profesor ao que suplantaron a identidade e fixeron fotos sen permiso para colgalas na rede.
* Pelexas entre alumnas que se insultaron e ofenderon na rede social.

Posible roles:

Moza afectada: moza dentro dunha  rede social sobre a que se publicaron  fotos e comentarios ofensivos. Esta moza agrega como amigos a páxinas que valoran a beleza e dan unha puntuación.

Moza redes activa
: moza que publica todas as fotas que fae sen importarlle a opinión daqueles que saen na foto. A súa frase é “foto que te fas, foto para o Tuenti”

Mozo redes activo: mozo participativo dentro da rede social, que publica fotos e agrega cada día unha media de 5 amigos.

Mozo redes non activo: mozo que forma parte da rede social, que case non ten contactos e fotos publicadas.

Nai moza afectada
: nai da moza sobre a que se fixeron comentarios ofensivos dentro da rede social. Está enfadada e busca culpables. Non está a favor da presenza da súa filla dentro da rede.

Nai moza activa: nai da moza que publica moitas fotos. Defende á súa filla pero non entende moi ben o que supón publicar unha foto e etiquetar a xente como ela. Non sabe o que é unha rede social pero non lle importa que a súa filla forme parte dela.

Profesor: dos alumnos da clase na que se produciron os conflitos. Os alumnos suben fotos suas a rede social.

Orientadora: orientadora do centro, realiza actividades de sensibilización para un uso seguro das redes sociais. Modera o debate.

Unha vez terminada a represetación, o resto dos alumnos/as opinará sobre as diferentes posturas e emitirá o seu xuizo sobre a resolución do conflito.