Como expoñer e defender as propias ideas

OBXECTIVOS

–       Introducir ó alumnado na técnica do debate

–       Fomentar os valores de tolerancia e respecto ante opinións contrarias as dun

–       Fomentar a reflexión e a autocrítica

CONTIDOS

Conceptuales

–       O debate

–       Características do debate

–       Pasos a seguir nun debate

Procedimentales

–       Coñecer a finalidade do debate

–       Saber debater sobre calquera tema.

Actitudinais

–       Valorar o debate como unha estratexia enriquecedora do pensamento non como unha forma de rivalizar

–       Tomar conciencia das consecuencias negativas do que supón o pensamento único

MATERIAIS

Caderno ou folios de titoría

TEMPORALIZACIÓN

Unha sesión

DESENVOLVEMENTO

1º- Motivación:

Motívase ao alumnado para a actividade: “Hoxe imos traballar un dos aspectos más importantes para mellorar a convivencia en grupo, fomentar o respecto e a liberdade de opinión e de expresión que caracteriza a un estado democrático como no que vivimos. Imos traballar sobre o debate”.

2º- O debate:

Pregúntaselle ao alumnado qué cre que é debater (uns minutos). Posteriormente concrétase: “na maioría das ocasións o debate enténdese como unha discusión, cuxa finalidade é convencer ó outro ou outros da opinión que se posúe sobre un tema en concreto. Con todo, as persoas, debido a moitos factores, como a educación recibida, o desenvolvemento individual da personalidade, a ética e a moral, o contorno social de cada un, etc., imos elaborando as nosas propias opinións e posicións ante determinados aspectos da vida, e isto non implica que sexan más ou menos válidos que os doutros, simplemente, diferentes.”

¿Qué é un debate? ¿Cal é a súa finalidade?

O debate é un intercambio de opinións, favorece o coñecemento do mundo que nos rodea, porque amplía a información que posuímos; axúdanos a pornos no lugar dos outros, escoitando os seus puntos de vista e favorece a autocrítica, é dicir, fai que nos plantexemos que existen outras opinións a considerar, co que favorece a amplitude de miras, non un único pensamento.

3º- Características dun bo debate:

As persoas:

– Debe haber como mínimo dous grupos situados de forma oposta ante un tema en concreto

Moderador: esta persoa ha de ser neutral e ha de dirixir o debate. Esta figura é esencial sempre nun debate

As actitudes:

– Capacidade de escoitar

– Tolerar: respectar a opinión dos outros

– Empatía: porse no lugar do outro

– Comunicación asertiva, isto refírese á capacidade de expresar as opinións dun, sen impolas, pero tampouco sen deixarse ningunear, con apromo e seguridade (é a parte más difícil).

– Conclusión: ambolos dous grupos han de chegar a unha conclusión na que se deberán ter en conta tódolos puntos de vista.

Recoméndase escribir estas pautas no encerado para que cando se leven a práctica poidan recordarse.

4º-Pasos a seguir para o desenvolvemento dun debate:

-O moderador ha de  “presentar”  o debate, é dicir, presentará o tema ao grupo e a cuestión a debater.

-O grupo situarase e formará dous subgrupos.

-O moderador dará os puntos a favor e en contra do tema en cuestión.

-A partir de ahí abrirase o intercambio de opinións.

-Tendo en conta a norma de escoitar,  será necesario que os debatintes teñan un caderno no que vaian anotando aqueles aspectos que, despois da intervención do oposto, queiran rebater.

-O moderador intentará que os grupos non se estanquen nunha opinión ou que entren en discusións ou falten ás normas que debe seguir un debate.

-Finalmente ambos os dous grupos elaborarán unha conclusión do tratado

¡Importante! A finalidade do debate é enriquecer as opinións propias, non tratar de convencer ou impor.

5º-Proposta de debate:

O suplemento do periódico “La voz de Galicia”, “A voz da escola”, expoñía nun dos seus titulares do mércores  8 de outubro de 2008:

“O presidente Zapatero reclamou ante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas unha moratoria universal da pena de morte para o 2015. ¿É a pena de morte un exercicio en contra da non violencia?”

-A partir de aquí sitúanse os grupos (se podería dividir a clase)

-O moderador (que será o titor) expón os seguintes puntos de vista a favor da pena de morte:

  1. Razón de xustiza: “vida por vida, ollo por ollo”, a lei do talión. A pena de morte ten un carácter sancionador proporcionado ó delito.
  2. Utilidade social: As persoas que ven que certos actos castíganse coa pena de morte evitarán cometer eses actos.
  3. Legítima defensa: díxose que as persoas teñen dereito a defensa cando alguén as ataca, ata matar a outro que quere matarche a ti; pero ás veces as víctimas non foron capaces de defenderse. Por iso a xustiza oficial pode actuar en nome da víctima agredida e aplicar no seu nome a pena de morte.
  4. Evitar as reincidencias do condenado se se lle deixa libre.
  5. Garantías legais: para condenar a alguén a pena de morte esíxense moitas probas xudiciais, poden facer apelacións, volver analizar as causas da pena, etc.
  6. Costes económicos: liberar a presos ou atendelos durante moitos anos de cárcel custa moito máis que telos na cárcel.

c Argumentos en contra da pena de morte:

  1. ¿Razón de xustiza?: a lei do talión non ten en conta outras circunstancias de tipo humano: a súa debilidade psicológica, o apasionamiento, a ignorancia, a posibilidade de arrepentimento, etc.
  2. ¿Utilidad social?: non está demostrado que a pena de morte cumpra unha función de prevención de delinquir.
  3. ¿Legítima defensa? Suponse unhas intencións da víctima que non poden ser demostradas. Pode ser que se a víctima poidese expresarse, non pedise vinganza contra o delincuente, se non o perdón.
  4. ¿Evitar reincidencias? As respostas posteriores ó delito, tales como a pena de morte ou a cadea perpetua, as veces son o reflexo do fracaso do Estado ou da sociedade en levar a cabo as súas funcións.
  5. ¿Garantías legais? É certo que hoxe en día os erros xudiciais son menos frecuentes, existe o risco de condenar a un inocente e xa non se podría compensar ao suxeito por erro.
  6. ¿Costes económicos? O que importa non son tanto os custos económicos senón os persoais e sociais, ¿é maior o beneficio persoal e social se se suprime a pena de morte?

-Ábrese o debate.

-Finalmente inténtase chegar a unha conclusión