Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o “latexo material da actividade intelectual galega”. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas de 2010, o poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela, 1999).

A grande particularidade e Novoneyra é o de ser un dos poetas lingua galega máis relevantes de todos os tempos, tamén foi un vangardista, no seu traballo sempre enfatizou o lirismo da palabra.

Fai clik na imaxe para continua-la actividade no noso blog do Plan Lector:

UXÍO NOVONEYRA


HINO GALEGO

CURTOS EN GALEGO
A ESCOLA DAS AREAS

Tiempo estimado: 12 minutos. Animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo. Director: Virginia Curiá, Tomás Conde. Ano: 2002

ADEUS ADREDA?
Tiempo estimado: 13 minutos. Susiño é un cativo de dez anos moi medorento. Unha das historias máis presentes nos seus soños e nas súas vivencias do día a día é unha historia que lle contou a Tía Narza sobre a Santa Compaña. A emigración dun veciño, José, é motivo de inquedanza e sorpresa para Susiño. Pasado un ano, a volta deste veciño fai que esa inquedanza e sorpresa se convertan en ledicia e nunha esperanza que se verá truncada, porque unha noite cando Susiño está mirando pola fiestra a Santa Compaña, da que tanto escoitara falar, ven na procura do seu veciño José. Isto provocará unha serie de acontecementos nos que o cativo verá cos seus propios ollos como un ser querido pasa deste mundo ao outro acompañado e flanqueado pola Santa Compaña. Director: Rubén Riós. Intérpretes: Álex Neira, Mariana Carballal, César Cambeiro, Elina Luaces, Mela Casal, Rafa Durán, Dani Neira, Hermógenes Rodríguez, Rubén Riós, Manuel Fernández. Duración: 12:32. Ano: 2006