10. Avaliación (1ª)

OBXECTIVOS

– Levar ó alumno á reflexión sobre o seu propio proceso de aprendizaxe

– Responsabilizar ó alumno das súas propias accións

– Avaliar o funcionamento do grupo

– Avaliar a titoría por parte do alumnado

CONTIDOS

Conceptuais

– A Avaliación

– Obxectivos da avaliación

Procedimentais

– Determinar os erros e acertos individuais e do grupo ó longo do trimestre.

– Valoración e aportacións á titoría

Actitudinais

– Valorar a avaliación como algo positivo e que permite mellorar.

– Tomar conciencia da necesidade da avaliación tanto individual como grupal

MATERIAIS

– Libreta de titoría

TEMPORALIZACIÓN

– Unha Sesión

DESENVOLVEMENTO

1º- Motivación:

Motivase ó alumnado para a realización da actividade: “Unha vez chegados ó final do trimestre, é necesario reflexionar sobre a avaliación. A avaliación do rendemento académico, cómo foron os resultados, qué funcionou, qué fallou, en qué podo mellorar, etc. E tamén, a avaliación de outros aspectos que influen no voso proceso de ensinanza, como o ambiente de traballo, a actitude do grupo na aula, a actuación dos delegados, a titoría, e finalmente la valoración que eu mesmo/a podo facer como titor/a do que foi o funcionamento e o rendimento da aula neste trimestre respecto ó anterior”.

2º- A avaliación: Lembraselles a información importante: “o proceso de avaliación é necesario xa que os permite analizar o voso proceso de ensinanza/aprendizaxe, pero non so de forma cuantitativa, é decir, as notas, sino tamén a nivel cualitativo, é decir, a avaliación proporcionavos outros datos non numéricos que poden estar influindo no voso proceso de aprendizaxe, como:

-Se o tempo adicado ó estudio foi suficiente para cada materia.

-Se estudiastes o realmente importante, se non os sorprenderon as preguntas do exame, independentemente de as sabiades.

-Se a nota se axusta, máis ou menos, ó que esperabais.

-Se funcionaron os medios que puxechedes para superar as dificultades atopadas

Unha vez que ten lugar dito análise, é decir, a avaliación, e cando podedes tomar decisións acerca de que é o que necesitades mellorar, e cómo o podedes facer.

2º- Avaliación individual do trimestre:

Agora ides analizar o voso proxecto de avaliación:

O alumnado reflexionará por escrito e de forma individual sobre as seguintes cuestións:

-¿Qué estratexias empleaches para superar as dificultades do primeiro trimestre, ou para mellorar?

-¿Creedes que funcionaron?

-¿Cales foron as maiores dificultades con as que te atopaches neste trimestre? ¿por qué?

-¿Cómo crees que as podes solucionar?

-¿Qué estratexias funcionaronte para superar as materias?

-¿Cales son as túas aspiracións cos estudos?

-¿Crees axeitadas estas aspiracións co tempo que lle adicas e os resultados?

Coméntanse as respostas de algúns alumnos/as, o obxectivo é que o alumnado reflexione. Finalmente se lles dan os seguintes aspectos que deberían quedar claros, a partir das súas reflexións:

– O importante é o traballo día a día, non machacarse para os exames.

– O estudo é un traballo, e así é como hai que tomalo. Debe ter un horario de traballo e éste ha de cumplirse. Canto máis se traballe, menos esforzo costará seguir adiante.

– O profesorado ofrecerá as medidas a tomar para superar as dificultades e deberedes telas en conta.

– Ainda que en unha materia teñades malos resultados, ou en unha avaliación non salgan as cosas ben, non hai que desanimarse. O que vale é o traballo total do curso, non un resultado aislado.

3º- A avaliación do grupo:

Ademáis de avaliar o trimestre de forma individual, é decir o traballo de cada un de vos, é importante valorar o grupo en xeral, analizando algúns aspectos importantes. Pódese realizar en gran grupo, intervindo tamén o titor/a:

-Orden e limpeza do aula

-Actitude do grupo nas clases

-Relación intragrupo, relacións interpersoais, integración-convivencia, respeto hacia os demáis

-Actuación dos delegados.

-Outras que podan xurdir

4º- A evaluación da titoría:

“Xa que explicáramos que a avaliación é un procedemento de mellora, agora ides valorar a titoría ó longo do trimestre”.

As propostas de mellora exporanse na avaliación trimestral do Plan de Acción Titorial.