14. Os itinerarios profesionais e formativos.

O Bacharelato.

O bacharelato forma parte da educación secundaria, na fase postobrigatoria e ten como finalidade proporcionarlle ao alumnado a formación, a madurez intelectual e humana, os coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia, así como capacitarse para o acceso á educación superior (Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia).

Acceso e características

Para acceder ó Bacharelato hai que posuir o Título de Educación Secundaria Obrigatoria.
Consta de dous cursos.
Diferéncianse:
– Materias comúns
– Materias de modalidade
– Materias optativas

Agrúpanse configurando diferentes vías coas que se pretende dar representación as ramas de coñecemento relacionadas coa Educación Superior.

Ramas de coñecemento. Comisión Interuniversitaria de Galicia (www.ciug.cesga.es)

Vías do Bacharelato

  1. CIENCIAS E TECNOLOXÍA
  2. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIÁIS
  3. ARTES

Saídas

– Acceso a Graos Universitarios, a través da Selectividade.
Acceso directo a Ciclos Formativos de Grao Superior

A Selectividade

– É unha proba onde se valoran os coñecementos xerais do Bacharelato.

– Precísase dela porque as Universidades non dispoñen de suficientes plazas para acoller a tódolos demandantes e débense seleccionar.

– Esta selección faise a través desta proba.

– Ten unha convocatoria en xuño e outra en setembro

Fases da Selectividade

– Fase xeral: materias comúns (0-10 puntos)

– Fase Específica: materias de modalidade que ponderen máis para acceder a un Grao en concreto (0-4 puntos)

As Ponderacións

– Valor das materias de modalidade de 2º de Bacharelato, co acceso ós diferentes Graos: 0,2 e 0,1.

– Implica que a nota obtida nos exames desas materias, multiplicarase por 0,2 ou 0,1, según o caso, e sumarase a nota da Fase xeral da Selectividade.

A nota final en Selectividade oscilará entre 0 e 14.

As Notas de Corte.

Marcan a nota que obtivo o alumno/a que accedeu á última praza ofertada por un Grao na convocatoria de xuño.

Os Graos.

Os ensinos de Grao teñen como finalidade a preparación do estudante para o exercicio de actividades de carácter profesional.

A súa duración é na maioría das titulacións de 240 créditos, o que equivale a uns 4 anos.

Para acceder aos ensinos de Grao requírese estar en posesión do título de Bacharelato e superar a proba de acceso á Universidade ou ben superando un CFGS (teranse en conta a nota media do Ciclo).