Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o “latexo material da actividade intelectual galega”. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.

Para conmemorar o primeiro día das letras publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, realizada por Fermín Bouza Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia.

O plenario da Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas de 2010, o poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela, 1999).

A grande particularidade e Novoneyra é o de ser un dos poetas lingua galega máis relevantes de todos os tempos, tamén foi un vangardista, no seu traballo sempre enfatizou o lirismo da palabra.

Fai clik na imaxe para continua-la actividade no noso blog do Plan Lector:

UXÍO NOVONEYRA


HINO GALEGO

CURTOS EN GALEGO

A DANZA DA KATIUSKA
Tiempo estimado: 11 minutos. Celestino é un mozo anarquista que todas as noites de lúa chea acude a unha praza para ver danzar a Katiuska… pero esa noite pídelle que dance para el, porque ao mencer terá que facer algo moi importante. Director: Alfonso Vilas Zarauza. Intérpretes: Luís Tosar. Ano:1998

COUSAS DO KULECHOV.

Tiempo estimado: 21 minutos. Cousas do Kulechov é unha curtametraxe experimental que baixo a inspiradora luz de L. V. Kulechov, tentamos pór a proba a elasticidade da montaxe para chegar a unha reflexión en torno á fraxilidade e a veracidade do que vemos e escoitamos. Nun percorrido pola paisaxe, as costumes e a actualidade galega, presentamos un suposto conflito bélico onde o exército invasor ataca as costas galegas. Así, construímos un fake ou “un falso documento” no que a flota de guerra son as bateas ordenadas sobre a ría, o asalto ás praias; as mariscadoras entrando no mar, as bombas; os petardos e foguetes das festas, etc. Director: Susana Rei Crespo. Duración: 21:01 Ano: 2006.